O Colexio Oficial de Psicoloxía ven asinando un convenio de colaboración desde o ano 2009 coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio Fiscal e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago, Ourense, A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo para o desenvolvemento de un programa de Mediación Intraxudicial en ambas cidades.
A mediación intraxudicial é un proceso breve que reduce a dolorosa carga emocional, asociada a todo proceso de ruptura. Un equipo de profesionais, formado por un profesional da psicoloxía e un da avogacía desenvolverá o proceso, atendendo aos principios de neutralidade, obxectividade, imparcialidade e confidencialidade. Non implica dilación algunha, porque se realiza simultaneamente ao proceso xudicial, aproveitando os tempos mortos do citado proceso sen achegar a suspender o mesmo, agás que ambas partes o soliciten pola proximidade dun acordo.
Ver folleto [ver pdf]