Membros da Comisión:
Socorro Rodríguez Holguín, coordinadora.
José Manuel Pazos Riveiro
Jessica Rodríguez Czaplicki
Mª Victoria Canosa Raña
Hafdallah Menni El Ouali
Cristina Fontaíña García
Na Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia do 10 de marzo de 2015, foi aprobada a creación da Comisión para a Defensa da Profesión.
Entre os obxectivos da Comisión figuran os de fomentar e potenciar o recoñecemento da psicoloxía como profesión necesaria na sociedade así como apoiar o emprendemento de accións legais contra o intrusismo das pseudoterapias, pseudociencias, así como dos/as profesionais que exercen sen a colexiación obrigatoria.
No conxunto do Estado español é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga. Este requisito recóllese do artigo 3.2 da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.
O número de colexiado/a acredita como profesional diante da sociedade: É aval para garantir o cumprimento da titulación cos requisitos legais para exercer como psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Debe de facerse público e é de utilidade incluílo nos informes, no teu espazo de traballo, nas comunicacións, etc …
Podes presentar unha queixa ante a Comisión para a Defensa da Profesión e Prevención do Intrusismo a través da sede elecrónica do COPG [accede ao enlace]