Coordinador: Rubén Villar Trenco
Algúns homes insultan, abusan ou desprezan ás mulleres.
Non obstante:
Pódese cambiar a actitude agresiva.
Pódense aprender outras formas de relacionarse.
“Abramos o Círculo” é un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas nas relacións coa súa parella e coa súa familia, e desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.
O programa ofrece dúas áreas de atención:
-Información.
-Atención/intervención psicolóxica personalizada.
Obxectivos
Ofrecer atención e terapia psicolóxica a homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia e a comunicarse mellor coa súa familia e coa súa parella.
Requisitos para acceder ao programa
O acceso é gratuíto e anónimo, e faise poñéndose en contacto co seguinte teléfono:
630 170 140
Persoas ás que se dirixe
Homes con problemas de control da violencia que desexen:
- Aprender a resolver conflitos sen violencia e a comprender a natureza da violencia.
- Relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade.
- Educar aos seus fillos e fillas en igualdade.
- Asumir hábitos positivos de relación e convivencia.
Regulamento de Réxime Interno do Programa Abramos o Círculo [ver pdf]
Ver folleto [pdf]
Impreso de solicitude para psicólogos e psicólogas colexiadas [ver pdf]
Impreso de solicitude para psicólogos e psicólogas colexiadas a través da sede electrónica [accede ao enlace]