Fins

1. Son fins do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:
- O ordenamento do exercicio da profesión de psicólogo/a en todas as súas formas e especialidades, a representación exclusiva da mesma e a defensa dos intereses profesionais dos/as colexiados/as.

- Vixiar o exercicio da profesión, facilitando o coñecemento e cumprimento de todo tipo de disposicións legais que afecten á profesión de psicólogo/a, e facendo cumprir a ética profesional e as normas deontolóxicas do/a Psicólogo/a, así coma velar polo axeitado nivel de calidade das prestacións profesionais dos/as colexiados/as; para iso promoverá a formación e perfeccionamento destes/as e cooperará na mellora dos estudos da licenciatura en Psicoloxía.

- Fomentar a promoción e desenvolvemento técnico e científico da profesión e da ciencia psicolóxica, a solidariedade profesional e o servizo da profesión á sociedade.

2. O disposto no apartado anterior enténdese sen prexuízo da competencia da Administración Pública por razón da relación funcionarial.

3. Para o cumprimento dos seus fins o Colexio relacionarase coa Administración autonómica a través da Consellería competente en materia de Colexios Profesionais e con aquelas que ostenten a titularidade nos diferentes ámbitos de intervención profesional.

4. Dentro dos correspondentes marcos competenciais, o COPG poderá establecer tamén relacións con outras administracións, institucións e organismos de dentro e fóra de Galicia.

5. O COPG relacionarase igualmente con outras asociacións e colexios profesionais. Participará, asemade, no Consello Xeral de Colexios de Psicólogos do Estado Español de acordo á lexislación e normativa que sexa de aplicación.