AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Guía práctica para o tratamento informativo da violencia contra a muller.

Existe un amplo consenso sobre principios básicos que os profesionais dos medios de comunicación debemos ter en conta no tratamento da información sobre a violencia machista; son postulados  recollidos en códigos autorreguladores, suscritos por medios de comunicación, colexios profesionais e asociacións de xornalistas, e respaldados unánimemente polos organismos públicos de proteción e defensa dos dereitos da muller.

Instamos a tódolos medios de comunicación e xornalistas que desenvolven o seu traballo no noso ámbito a tratar os casos de violencia contra a muller: física, psicolóxica ou sexual, como un problema social de primeira orde, derivado dun modelo patriarcal que está na orixe da desigualdade.

QUE PODES FACER

Acode a expertas en materia xurídica, psicolóxica e policial para contextualizar informativamente o problema social da #ViolenciaMachista.

Non esquezas o 016 nas túas informacións sobre #ViolenciaSexista. Menciona os recursos para a seguridade e a protección contra o #Maltrato.

Divulga casos das #Superviventes que superaron con éxito a violencia. E non esquezas nunca a difusión das sentenzas xudiciais de #Condena.

Dalle espazo e voz aos homes que defenden a igualdade e rexeitan abertamente as estratexias de dominación e control do #Patriarcado.

Os medios deben abandeirar a loita contra a #Misoxinia e a #Desigualdade de #Xénero expresando claramente o rexeitamento social ao machismo. 

OLLO

A  #ViolenciaMachista é un #Atentado contra a #Liberdade e os #DDHHque enraíza no #SupremacismoDeXénero: non a despraces ao bloque de #Sucesos.

Titula con rigor. Evita expresións eufemísticas que atenúen a responsabilidade criminal dos #MaltratadoresViolentos e dos #Asasinos.

O efecto narcotizante de fórmulas manidas (outro caso máis de violencia) dificulta a función dos medios na erradicación da #ViolenciaContraAMuller.

Subliña o Agresor como único responsable. Obvia os comentarios que culpen a vítima ou banalicen a agresión. A violencia nunca se xustifica.

Ante a #ViolenciaMachistaOuSexual, rexeita detalles morbosos e imaxes que poñan en perigo a integridade física ou psicolóxica da agredida.

Impide a difusión acrítica de #EstereotiposSexistas einformacións que presenten a muller nun papel subalterno ou dependente.

Cartel Informa_DOR [ver pdf]

FONTES

Concellos - Centros de Información á Muller (emprazamento e teléfonos) 

http://igualdade.xunta.gal/es/recursos/centros-de-informacion-las-mujeres

Deputacións

Pontevedra

http://www.depo.es/es/servicios-igualdade

A Coruña

https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/normativa/igualdade/

Xunta de Galicia

http://igualdade.xunta.gal/es

Policia Autonómica de Galicia

Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad

http://www.violenciagenero.msssi.gob.es/

Gabinete de Prensa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG

981 182 173 | 618 382 457

comunicacion.tsxg@xunta.es

Xulgados específicos de Violencia sobre a Muller na Coruña e Vigo

http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superioresde-Justicia/TSJ-Galicia/Organos-judiciales/Directorio-de-organos-judiciales/

Observatorio de Violencia de Género

http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Violencia-domestica-y-de-gener...

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG)

https://copgalicia.gal/

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)

http://www.traballosocial.org/presentacion/

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)

http://xornalistas.gal/biblioteca/medios-de-comunicacion-e-violencia-de-xenero-declaracion-de-compostela/

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)

http://ceesg.org/

Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia

http://www.steg.gal/

Áreas da muller dos sindicatos

Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Univesidade de Coruña.

https://www.udc.es/sociedade/igualdade/estudosxenero.html

Servizo de Igualdade e Conciliación da Universidade de Granada

http://directorio.ugr.es/static/PersonalUGR/*/show/11e9041634dde369992f134ba40be3e6

Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade  da Coruña

https://www.udc.es/oficinaigualdade/

Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela

http://www.usc.es/gl/servizos/oix

Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo

https://uvigo.gal/uvigo_es/vida/igualdade/

OUTRAS RECOMENDACIÓNS 

Algunhas guías para o tratamento nos medios da #ViolenciaContraAMuller. 

A Autorregulamentación dos medios públicos galegos

http://www.crtvg.es:8012/files/Recomendacions2015.pdf

 

O Manual de Estilo de RTVE

http://manualdeestilo.rtve.es/cuestiones-sensibles/5-5-tratamiento-de-la...

 

As Recomendacións do Consejo Audiovisual de Andalucía http://www.consejoaudiovisualdeandalucia.es/sites/default/files/recomendacion/pdf/1606/guia_violencia_de_genero.pdf

Autorregulamentación dos medios cataláns

http://www.cac.cat/pfw_files/cma/actuacions/Autorregulacio/Recomanacions_viol_ncia_masclista_es.pdf

Recomendación da Asociación da Prensa de Aragón

http://www.aparagon.org/actividades/apa/tratamiento-de-la-informacion-sobre-violencia-machista-en-los-medios-de-comunicacion/

O Protocolo para o Tratamento Informativo da Violencia de Xénero e as Agresións Sexuais na Rioxa

http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/TRATAMENTO_INFORMATIVO_RIOXA%5B1%5D.pdf

Conclusión das Xornadas para o Tratamento Informativo da Violencia Machista. Madrid, 2015 http://www.tmex.es/wp-content/uploads/2015/11/decalogo2.pdf

Ferramentas para o uso de linguaxe non sexista

http://www.inmujer.gob.es/servRecursos/formacion/materiales/nombraEnRed.htm

https://igualdad.uniovi.es/nosexista

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

http://www.feminismo.info/webgalego/

Plataforma Feminista Galega

tp://feminismo.eu/pfg/

Velaluz

http://www.asociacionvelaluz.es/

Rede Galega contra a Trata

http://redegalega.blogspot.com.es/

 

Forum de Política Feminista

http://www.forumpoliticafeminista.org/

ONU Mujeres

http://www.unwomen.org/es/what-we-do/leadership-and-political-participat...

 

Resolución da ONU do 23 de febreiro de 1994

Fundamental Rights Agency-European Union

https://www.google.es/search?q=mujer+ue&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox...

OUTROS ENLACES DE INTERESE

Publicidade non sexista (Indicacións para detectar o sexismo na publicidade)

http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/indicacioins_para_detectar_o_sexismo_na_publicidade.pdf

Micromachismos

http://www.luisbonino.com/pdf/mM96.pdf

Guía para pais e nais con fillas e fillos que sofren violencia machista

http://www.juntadeandalucia.es/iamimages/FONDO_DOCUMENTAL/PUBLICACIONES/...