Existe un amplo consenso sobre principios básicos que os profesionais dos medios de comunicación debemos ter en conta no tratamento da información sobre a violencia machista; son postulados recollidos en códigos autorreguladores, suscritos por medios de comunicación, colexios profesionais e asociacións de xornalistas, e respaldados unánimemente polos organismos públicos de proteción e defensa dos dereitos da muller.
Instamos a todos os medios de comunicación e xornalistas que desenvolven o seu traballo no noso ámbito a tratar os casos de violencia contra a muller: física, psicolóxica ou sexual, como un problema social de primeira orde, derivado dun modelo patriarcal que está na orixe da desigualdade.
QUE PODES FACER
Acode a expertas en materia xurídica, psicolóxica e policial para contextualizar informativamente o problema social da #ViolenciaMachista.
Non esquezas o 016 nas túas informacións sobre #ViolenciaSexista. Menciona os recursos para a seguridade e a protección contra o #Maltrato.
Divulga casos das #Superviventes que superaron con éxito a violencia. E non esquezas nunca a difusión das sentenzas xudiciais de #Condena.
Dalle espazo e voz aos homes que defenden a igualdade e rexeitan abertamente as estratexias de dominación e control do #Patriarcado.
Os medios deben abandeirar a loita contra a #Misoxinia e a #Desigualdade de #Xénero expresando claramente o rexeitamento social ao machismo.
OLLO
A #ViolenciaMachista é un #Atentado contra a #Liberdade e os #DDHHque enraíza no #SupremacismoDeXénero: non a despraces ao bloque de #Sucesos.
Titula con rigor. Evita expresións eufemísticas que atenúen a responsabilidade criminal dos #MaltratadoresViolentos e dos #Asasinos.
O efecto narcotizante de fórmulas manidas (outro caso máis de violencia) dificulta a función dos medios na erradicación da #ViolenciaContraAMuller.
Subliña o Agresor como único responsable. Obvia os comentarios que culpen a vítima ou banalicen a agresión. A violencia nunca se xustifica.
Ante a #ViolenciaMachistaOuSexual, rexeita detalles morbosos e imaxes que poñan en perigo a integridade física ou psicolóxica da agredida.
Impide a difusión acrítica de #EstereotiposSexistas einformacións que presenten a muller nun papel subalterno ou dependente.
Cartel Informa_DOR [ver pdf]
FONTES
- Concellos - Centros de Información á Muller (emprazamento e teléfonos):http://igualdade.xunta.gal/es/recursos/centros-de-informacion-las-mujeres
- Deputacións
- Pontevedra: http://www.depo.es/es/servicios-igualdade
- A Coruña: https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/normativa/igualdade/
- Xunta de Galicia: http://igualdade.xunta.gal/es
- Policia Autonómica de Galicia
- Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad: http://www.violenciagenero.msssi.gob.es/
- Gabinete de Prensa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG: 981 182 173 | 618 382 457 | comunicacion.tsxg@xunta.es
- Xulgados específicos de Violencia sobre a Muller na Coruña e Vigo: http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superioresde-Justicia/TSJ-Galicia/Organos-judiciales/Directorio-de-organos-judiciales/
- Observatorio de Violencia de Género: http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Violencia-domestica-y-de-gener...
- Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG): https://copgalicia.gal/ 981 534 049 | 699 908 968
- Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG): http://www.traballosocial.org/presentacion/
- Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG): http://xornalistas.gal/biblioteca/medios-de-comunicacion-e-violencia-de-xenero-declaracion-de-compostela/
- Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG): http://ceesg.org/
- Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia: http://www.steg.gal/
- Áreas da muller dos sindicatos
- Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Univesidade de Coruña. https://www.udc.es/sociedade/igualdade/estudosxenero.html
- Servizo de Igualdade e Conciliación da Universidade de Granada. http://directorio.ugr.es/static/PersonalUGR/*/show/11e9041634dde369992f134ba40be3e6
- Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. https://www.udc.es/oficinaigualdade/
- Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela. http://www.usc.es/gl/servizos/oix
- Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo. https://uvigo.gal/uvigo_es/vida/igualdade/
OUTRAS RECOMENDACIÓNS
- Algunhas guías para o tratamento nos medios da #ViolenciaContraAMuller.
- A Autorregulamentación dos medios públicos galegos. http://www.crtvg.es:8012/files/Recomendacions2015.pdf
- O Manual de Estilo de RTVE. http://manualdeestilo.rtve.es/cuestiones-sensibles/5-5-tratamiento-de-la...
- As Recomendacións do Consejo Audiovisual de Andalucía http://www.consejoaudiovisualdeandalucia.es/sites/default/files/recomendacion/pdf/1606/guia_violencia_de_genero.pdf
- Autorregulamentación dos medios cataláns. http://www.cac.cat/pfw_files/cma/actuacions/Autorregulacio/Recomanacions_viol_ncia_masclista_es.pdf
- Recomendación da Asociación da Prensa de Aragón http://www.aparagon.org/actividades/apa/tratamiento-de-la-informacion-sobre-violencia-machista-en-los-medios-de-comunicacion/
- O Protocolo para o Tratamento Informativo da Violencia de Xénero e as Agresións Sexuais na Rioxa http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/TRATAMENTO_INFORMATIVO_RIOXA%5B1%5D.pdf
- Conclusión das Xornadas para o Tratamento Informativo da Violencia Machista. Madrid, 2015 http://www.tmex.es/wp-content/uploads/2015/11/decalogo2.pdf
- Ferramentas para o uso de linguaxe non sexista:
- http://www.inmujer.gob.es/servRecursos/formacion/materiales/nombraEnRed.htm
- https://igualdad.uniovi.es/nosexista
- Marcha Mundial das Mulleres na Galiza. http://www.feminismo.info/webgalego/
- Plataforma Feminista Galega. tp://feminismo.eu/pfg/
- Velaluz. http://www.asociacionvelaluz.es/
- Rede Galega contra a Trata. http://redegalega.blogspot.com.es/
- Forum de Política Feminista. http://www.forumpoliticafeminista.org/
- ONU Mujeres. http://www.unwomen.org/es/what-we-do/leadership-and-political-participat...
- Resolución da ONU do 23 de febreiro de 1994: http://www.un.org/es/comun/docs/?symbol=A/RES/48/104&Lang=S
- Fundamental Rights Agency-European Union https://www.google.es/search?q=mujer+ue&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox...
OUTROS ENLACES DE INTERESE
- Publicidade non sexista (Indicacións para detectar o sexismo na publicidade): http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/indicacioins_para_detectar_o_sexismo_na_publicidade.pdf
- Micromachismos: http://www.luisbonino.com/pdf/mM96.pdf
- Guía para pais e nais con fillas e fillos que sofren violencia machista: http://www.juntadeandalucia.es/iamimages/FONDO_DOCUMENTAL/PUBLICACIONES/...