* Será necesario solicitar cita previa para realizar os trámites de colexiación. Para solicitar a túa cita accede ao seguinte enlace
Podes tramitar a túa colexiación persoalmente na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ou a través de correo postal. A continuación detállanse os requisitos para a colexiación no ano 2020:
Fotografía:
Achegarase 1 foto tamaño carné.
Título:
- Deberase presentar orixinal e copia do título de licenciatura/grao ou certificado de telo solicitado. No caso de ser tramitada a colexiación por correo postal deberase aportar fotocopia por ambas caras do Título.
- Se se posúe a titulación profesional para o exercicio de actividades sanitarias (Título de Especialista en Psicoloxía Clínica, Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, habilitación para o exercicio de actividades sanitarias) deberase presentar orixinal e copia para poder incluír no Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios/as (REPS) do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.
DNI
Presentarase orixinal e copia por ámbas caras. No caso de ser tramitada a colexiación por correo postal deberase achegar fotocopia por ambas caras do teu DNI.
Datos bancarios:
Para o posterior abono das cotas colexiais, farase domiciliación bancaria, sendo necesario aportar datos bancarios especificando o IBAN do número de conta (24 díxitos) e o Código SWIFT/BIC. Tanto o número de IBAN como o Código SWIFT/BIC deberalo solicitar na túa sucursal bancaria.
Impresos de colexiación:
- Datos personais [ver pdf]
- Datos profesionais [ver pdf]
- Impreso domiciliación bancaria [ver pdf]
- Conta de e-mail (Opcional) [ver pdf]
Pago no momento da colexiación:
Abonaranse no momento de colexiarse, os seguintes conceptos:
- Cota de inscrición: 94,80€
Taxa reducida: 47,40€
- Para quen se colexie nos 24 meses seguintes á súa da data de graduación/licenciatura.
- Para aquelas persoas que acrediten no momento da Colexiación que están en situación de desemprego, para iso deberase presentar Informe de demandante de emprego/Informe de situación administrativa actual e tarxeta de demandante de emprego actualizado.
Están exentas aquelas persoas que se reincorporen ao Colexio sempre e cando non transcorresen máis de 5 anos dende o momento da súa baixa.
- Mensualidades a desfrutar dentro do semestre natural en que se produce a colexiación. 17,50 €/mes (Semestre: 105 €).
- Cota de derrama de local: 30,05 € (Só na primeira colexiación).
No caso de que a colexiación se tramite por correo postal, deberase achegar a copia do resgardo que acredite ter feito o ingreso ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no Nº de conta ES64 - 2080 - 0316 - 2330 - 4000 - 8164 de ABanca do importe correspondente á colexiación.
Comunicación colexial:
De conformidade co acordo da Xunta de Goberno do Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos (COP) adoptado na súa reunión do 28 de marzo de 2009 e en base ao disposto no artigo 3.2 da vixente Lei 2/1974, de 13 de febreiro, de Colexios Profesionais, infórmase que é requisito indispensable para o exercicio da profesión atoparse incorporado ao Colexio correspondente.
Esta incorporación débese realizar no Colexio Territorial que se corresponda co enderezo da actividade profesional, único ou principal.
Por iso, rógase a todos/as os/as psicólogos/as que en prazo de dous meses regularice a súa situación, se fora necesario; feito que redundará en beneficio do/a propio/a colexiado/a e da Organización Colexial.