Preguntas frecuentes

1. ¿É obrigatoria a colexiación?
De acordo coa normativa vixente, a colexiación é obrigatoria para o exercicio da profesión, e en consecuencia as persoas que non estean colexiadas non poderán exercer como psicólogos e psicólogas.

Tal e como se indica no Artigo 6 dos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a incorporación ao COPG é requisito indispensable e obrigatorio para o exercicio profesional nos termos previstos nos artigos 2.3 e 3 da Lei 11/2001 do 18 de setembro de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. ¿Onde me debo colexiar?
Deberase estar colexiado/a na comunidade autónoma na que exerzas a túa actividade profesional. No caso de exercer en varias comunidades, deberás estar colexiado/a no colexio da comunidade na que exerzas a maior parte da actividade profesional e comunicalo no colexio da outra comunidade.

3. ¿Dispoño de mutualidade polo feito de estar colexiado/a?
A colexiación no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia non inclúe estar inscrito en ningunha mutua.

4. ¿Cubre a colexiación o seguro de responsabilidade civil profesional?
O pago das cotas colexiais non inclúen o seguro de responsabilidade civil profesional. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten asinado un convenio coa Correduría de Seguros Broker’s 88 polo cal os colexiados e colexiadas dispoñen dun desconto na contratación do seguro de responsabilidade civil profesional. 
Mais información [ver pdf]

5. ¿Debo presentar o Título de Psicólogo/a Especialista en Psicoloxía Clínica no Colexio?
O COPG creou un rexistro de Psicólogos e Psicólogas Especialistas en Psicoloxía Clínica para dar cumprimento ao estipulado no Real Decreto que crea e regula a Especialidade de Psicoloxía Clínica (Real Decreto 2490/1998 do 20 de novembro) e da Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias (Lei 44/2003 de 21 de novembro).

Todas aquelas persoas colexiadas que teñades acadado esta titulación do Ministerio e aínda non a presentastes no COPG, tedes que aportar unha copia simple do título de especialista para incorporala ao voso expediente anotado no citado rexistro de especialistas.

6. Rexistro de Sociedades Profesionais do COPG
En cumprimento do previsto no artigo 8.4 da Lei 2/2007, de 15 de marzo, de sociedades profesionais, a Xunta de Goberno, acordou na súa reunión do 7 de marzo de 2008 a creación do Rexistro de Sociedades Profesionais de Psicoloxía” do COPG e aprobaron o seu Regulamento de funcionamento.

Teñen obriga de inscribirse no rexistro todas as sociedades profesionais que teñan por obxecto social o exercicio a psicoloxía, con independencia da forma societaria elixida para a mesma.

Por acordo da Xunta de Goberno do 8 de maio de 2009 e refrendado na Asemblea Xeral de colexiados e colexiadas do 26 de maio de 2009, quedaron aprobadas as taxas para o Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Regulamento do Rexistro de Sociedades Profesionais do COPG [ver o pdf]

Solicitude de inscrición [ver pdf]

7. ¿Cómo renovar o meu carné de colexiado/a?
O carne de colexiado/a caduca aos 5 anos da súa expedición. Para tramitar a renovación do mesmo, deberas solicitalo na administración do COPG enviando o impreso correspondente e unha foto tamaño carné. 

Impreso de renovación do carné de colexiado [ver pdf]

8. ¿Cómo tramitar a miña baixa como colexiado/a?
Para tramitar correctamente a túa baixa como colexiado/a no COPG deberás presentar o impreso de solicitude de baixa correspondente na administración do COPG ou ben enviando por  correo postal  (correo certificado porcon acuse de recibo) xunto co carné de colexiado/a orixinal.

Tamén podes facelo a través da sede electrónica do Colexio: [accede ao enlace]

As solicitudes de baixa deberán presentarse antes de finalizar cada semestre para que non se emita o recibo da cota correspondente ao seguinte semestre (15 de decembro ou 15 de xuño).

En caso de falecemento do colexiado ou colexiada, deberase enviar á administración do Colexio un certificado de defunción xunto coa solicitude.

Impreso de solicitude de baixa [ver pdf]

9. Se me mudo de comunidade autónoma ¿Podo tramitar un traslado de delegación a outro Colexio?
Se por motivos laborais ou de cambio de domicilio precisas trasladar a túa colexiación a outra comunidade autónoma non é necesario que te deas de baixa no COPG e logo de alta no outro Colexio ao que te trasladas. Podes solicitar o traslado de delegación na secretaría do Colexio ao que desexas pertencer.

No caso de ser un colexiado/a de fóra de Galicia que se quere colexiar no COPG, podes solicitar o mesmo poñéndote en contacto coa secretaría do COPG.

10. ¿Onde se teñen que colexiar os pedagogos/as e/ou psicopedagogos/as?
Os profesionais da pedagoxía e/ou psicopedagoxía non lles corresponde colexiarse no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, senón que deberán colexiarse no Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e Ciencias.

11. ¿Onde podo homologar o meu título para exercer en Europa?
O Suplemento Europeo ao Título (SET) [accede á información] é un documento complementario do Título Superior elaborado en tres idiomas (español, galego e inglés) que será entregado despois do remate dos estudos, sen necesidade de esperar a entrega do título impreso. A Universidade poderá expedir esta nova acreditación aos/ás estudantes que solicitándoo rematasen os seus estudos en titulacións oficiais de primeiro e segundo ciclo con posterioridade a setembro de 2003, data de entrada en vigor da norma que regula dito suplemento europeo. O Suplemento Europeo ao Título (SET) expedido pola Universidade de Santiago de Compostela tamén ten a consideración de Suplemento Europass, Programa Europeo que facilita a formación e o traballo en Europa.

Tanto desde a Sección de Títulos como no Servizo de Información da Universidade de Santiago indican que o suplemento do título europeo é a nivel informativo, pero non homologa devandito título en ningún país. É dicir, que aquelas persoas que desexan exercer no estranxeiro, xa sexa dentro da comunidade ou non, deben realizar os trámites de homologación de títulos que marque o país onde desexan exercer.

En España para homologar os títulos estranxeiros as persoas interesadas teñen que poñerse en contacto co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (podes acceder a través da súa páxina web no seguinte enlace:https://www.universidades.gob.es/portal/site/universidades/menuitem.a9621cf716a24d251662c810026041a0/?vgnextoid=38f9372673680710VgnVCM1000001d04140aRCRD 

Só se permita a colexiación a través das titulacións estranxeiras homologadas polo Ministerio, tal e como se recolle nos Estatutos do COPG e na normativa actual vixente, na cal se indica que a equivalencia soamente dá acceso a un nivel académico pero non habilita para o exercicio profesional. Polo tanto, a homologación e equivalencia non son idénticas.

O Real Decreto 967/2014 é o que establece os requisitos para a homologación e declaración de equivalencia a titulación a nivel académico. Na actualidade, a equivalencia só é a efectos académicos, é dicir, permiten a prosecución de estudos no mesmo ou diferentes niveis educativos do Sistema Educativo Español, pero non é habilitante para o exercicio profesional, polo que non se pode admitir a colexiación daqueles ostentadores dunha equivalencia

12. ¿Cales son os requisitos para establecer actividade por conta propia?

Para ver os requisitos: [accede á información]


13. ¿Como acceder á parte restrinxida da páxina web?

Para acceder á zona restrinxida, só para colexiados e colexiadas deberás introducir os seguintes datos:

Usuario/a: Tes que introducir o teu número de colexiado/a indicando a letra seguida dun guión co teu número de colexiado/a con 5 díxitos, polo tanto deberás introducir tantos ceros como precises para que este teña cinco díxitos. Exemplo: G-01111.

Contrasinal: Deberás introducir o teu número de DNI seguido da letra correspondente sen introducir guión nin deixar espazos. Exemplo: 00000000a. Unha vez accedas poderás mudar o contrasinal e poñer o que ti desexes.

Cambio de contrasinal: Unha vez accedas por primeira vez a área de acceso restrinxido só para colexiados e colexiadas poderás modificar o teu contrasinal de acceso e poñer o que ti desexes no seguinte ligazón.

Solicitar novo contrasinal: Unha vez verificada e actualizada a túa dirección de e-mail poderás solicitar unha nova contrasinal cada vez que a esquezas no seguinte ligazón.

Video de axuda: Podes ver un video de axuda no seguinte ligazón.  

14. ¿Debo posuír o Certificado de delitos de natureza sexual?

A Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia introduce un novo apartado no artigo 13 da Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor establecendo a obriga de que se aporten certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes sexuais para todos os profesionais que traballan en contacto habitual con menores.

Polo tanto, todos aqueles profesionais da psicoloxía que traten a menores, deben contar co devandito certificado negativo. No caso de estar en relación laboral, este debe presentarse ante o empregador, e no caso de ser autónomo deberá estar a disposición dos representantes legais dos menores.

Para o caso de que o solicitante non teña a nacionalidade española, ademais deberán pedir un certificado do seu país de nacionalidade debidamente traducido e legalizado.

 A certificación pódese solicitar de maneira gratuíta no Ministerio de Xustiza de maneira telemática ou de maneira  presencial ou por correo postal, nas Xerencias Territoriais do Ministerio de Xustiza ou en Madrid, na oficina Central de Atención ao Cidadán. Tendes toda a información e os formularios no seguinte enlace.

 

Envíanos a túa consulta a través do correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal