sábado, Setembro 13, 2025 - 12:00
Os vindeiros 13 e 14 de setembro terá lugar no recinto ferial Expourense a segunda edición de ExpoFamilia, a Feira da Saúde e o Benestar na Familia. O evento reunirá profesionais de ámbitos como a psicoloxía, a educación, a pediatría ou a nutrición, nun espazo pensado para achegar recursos e experiencias ás familias.
As persoas colexiadas no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia poderán beneficiarse dun desconto exclusivo de 5 € na entrada xeral, empregando o código PROFESIONALES5 no momento da compra a través da plataforma www.vivetix.com.
O desconto estará dispoñible ata o 31 de agosto de 2025.