Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

Membros da Xunta Directiva da Sección de PTO

Carlos Montes Piñeiro, presidente 
José Ortuño Vilurbina, vicepresidente
Ana María Entenza Vidal, secretaria
Antonio Esteban Fuertes Saavedra, tesoureiro
Antía Blanco Espiñeira, vogal
Julio González Morandeira, vogal
Paloma Rodríguez Puime, vogal
Noelia Turnes Boquete, vogal
José Luis Domínguez Rey, vogal

Obxectivos:

- Coordinar, integrar e desenvolver as actividades científicas-profesionais dos colexiados e colexiadas, tanto por iniciativa propia como a través dun marco de cooperación con outras institucións e entidades.

- Velar pola calidade e rigor da práctica profesional promovendo accións de tipo organizativo como formativo que permita manter e mellorar o prestixio da profesión acorde co Código Deontolóxico.

- Estudar os criterios e requisitos de cualificación recomendables para o desempeño profesional, crear grupos de traballo para o cumprimento dos fins da Sección e atender ás directrices da División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e Recursos Humanos.

Requisitos:
Para ser membro da Sección acreditarase o desempeño profesional actual na Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, ou ben a formación especializada na mesma a través de sistemas acreditados ou o desempeño profesional no pasado durante un período mínimo de tres anos. Véxase Regulamento de Réxime Interno da Sección de PTO

A solicitude de ingreso realizaraa o/a colexiado/a cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.

 

Solicitude de filiación á Sección [ver pdf]

Solicitude  de filiación á Sección a través da sede elecrónica [accede ao enlace]

Solicitude de baixa na Sección [ver pdf]

Solicitude de baixa na Sección a través da sede elecrónica [accede ao enlace]

Regulamento de Réxime Interno da Sección de PTO [ver pdf]

División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos [acceder á información]