AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Guía práctica para o tratamento informativo de emerxencias, catástrofes e persoas desaparecidas

 

As emerxencias e catástrofes son coberturas informativas especialmente delicadas e complexas. Nestas situacións, os medios cumpren unha importantísima función social que deben asumir con responsabilidade. Deles depende a transmisión de informacion á cidadanía con rapidez e rigor. O dereito á información debe facerse compatible co dereito á intimidade das vítimas e as súas familias, cuxo sufrimento e privacidade cómpre respetar e comprender.

As autoridades deben incluír a asistencia aos medios de comunicación entre as súas prioridades na intervención en emerxencias e subministrar regularmente información contrastada. A falta de transparencia e dunha xestión adecuada das canles de comunicación cos medios, poden propiciar que se recurra a fontes pouco fiables.

É imprescindible que as empresas periodísticas contribúan a que os profesionais esten en condicións de respetar os principios deontolóxicos neste tipo de informacións e que eviten o sobredimensionamento e a espectacularización. Cómpre que reparen en que a cobertura de emerxencias e catástrofes pode tamén afectar os profesionais e que faciliten a súa formación e especialización.

 

QUE PODES FACER

Na información sobre #Emerxencias prioriza as fontes expertasVerifica os testemuños e as mensaxes difundidas en redes sociais.

Pon o foco nas vidas das #Vítimas de #Emerxencias. Antes de difundires os seus datos, confirma que as familias xa foron informadas.

En #Emerxencias usa con tino as imaxes de arquivo. Contrasta e edita as gravacións de terceiros. Advirte a audiencia de imaxes sensibles.

Fai seguimento no tempo das #Emerxencias. Contextualiza os feitos e profundiza nas causas, máis alá do suceso illado.

Visibiliza os casos de #PersoasDesaparecidas. Respeta os espazos escollidos pola familia para informar. Difunde as imaxes oficiais.

 

OLLO

O rigor é primordial na cobertura de #Emerxencias. Non difundas información sen contrastar nin te precipites ao atribuír responsabilidades.

Rexeita a linguaxe efectista e o tremendismo cando informes sobre #Emerxencias. Prescinde de datos superfluos e morbosos.

Respeta a dor das #Vítimas e as súas familias. Non as presiones para que falen nin tomes imaxes sen consentimento. Protexe os menores.

Non uses imaxes que degraden as #Vítimas. Desbota primeiros planos de persoas feridas e en shock. Evita a reiteración de imaxes.

As #PersoasDesaparecidas están en situación vulnerable, non especules. Manexa con coidado datos persoais e imaxes, sobre todo de menores. 

 

Cartel Informa_DOR [ver pdf]

 

FONTES

 

Gabinete de Prensa de Vicepresidencia

981 557 345 | 981 541 234 | 981 957 298

prensa.cpr@xunta.gal

 Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)

 Instituto de Medicina Legal (IMELGA)

 Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

 

Gabinete de prensa 112

981.541.446 | 981.541.401 

http://www.112galicia.org

 

Prensa Delegación do Goberno: 639 50 88 58

Policía Nacional: 981 16 63 00 

Garda Civil: 981 167813 | 659 947 265 / c-cmd-coruna-opc@guardiacivil.org

 

Servizo Galego de Saúde (servizos centrais)

881.54.27.21 | 881.54.29.64 | 881 542 717

prensa@sergas.es

 

Urxencias Sanitarias de Galicia (061)

881546405 | 606.936.749

prensa.061@sergas.es 

 

Axencia Doazón Órganos e Sangue de Galicia (ADOS)

881.54.69.20 | 696.403.952

doadoressangue.ados@sergas.es

 

Agrupacións de Protección Civil

http://www.anavproteccioncivil.es/agrupaciones 

 

Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) 

Bombeiros Públicos de Galicia: pbpgalicia@gmail.com

 Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia: mibgalicia@gmail.com

 

Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  (GIPCE)

981 534 049 | 699 908 968 | comunicacion@copgalicia.gal

 

Asociación SOS Desaparecidos Galicia

645 07 52 93 | 606 25 22 08

sosgalicia@sosdesaparecidos.com

 

Fundación por las personas desaparecidas QSD Global

info@qsdglobal.com 

 

OUTRAS RECOMENDACIÓNS

 

Decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe

http://xornalistas.gal/biblioteca/decalogo-de-recomendacions-para-medios-e-xornalistas-de-sucesos-de-catastrofe/ 

 

Recomendacións do Consell de l´Audiovisual de Catalunya sobre o tratamento informativo das traxedias persoais

http://www.mesadiversitat.cat/pfw_files/cma/actuacions/autorregulacio/recomanacions_trag_dies_es.pdf

 

Recomendacións éticas ou deontolóxicas para o tratamento periodístico e mediático de catástrofes (FAPE)

http://www.comisiondequejas.com/wp-content/uploads/2015/09/85.pdf 

 

Asociación da Prensa de Madrid: decálogo de recomendacións para informar sobre traxedias na era dixital

http://www.apmadrid.es/decalogo-de-recomendaciones-para-informar-sobre-tragedias-en-la-era-digital/ 

 

Libro de estilo de EiTB (pautas de tratamento informativo de traxedias, catástofes e accidentes)

http://www.eitb.eus/multimedia/corporativo/documentos/Libro-Estilo-EiTB-20160929.pdf 

 

Informar sobre accidentes aéreos. Guía para periodistas (COPAC)

http://www.copac.es/wp-content/uploads/2016/11/Informar-sobre-accidentes-aereos-guia-para-periodistas.pdf 

 

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Lei de Emerxencias de Galicia

http://www.112galicia.org/sites/default/files//docs/normativa_autonomica/NormAut1.pdf?530 

 

Plans de emerxencia (PLATERGA e plans específicos)

http://cpapx.xunta.gal/plans-de-emerxencia 

 

Mapa de emerxencias de Galicia:

http://www.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=577731&name=DLFE-16914.pdf

 

Manual de verificación. Guía para verificar contido dixital en emerxencias, do European Journalism Centre (EJC)

http://verificationhandbook.com/downloads/manual.de.verificacion.pdf 

 

Dart Center for Journalism and Trauma (Universidade de Columbia). Recursos para xornalistas que cubren noticias sobre violencia e desastres (inglés) 

http://dartcenter.org