Quenda de Garda Psicolóxica VX

Quenda de Garda Psicolóxica Especializada en Violencia de Xénero

Coordinación: Rubén Villar Trenco e Fátima López Rodríguez

Desde a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia establécese un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a Quenda de garda psicolóxica especializada e permanente, para mulleres e os seus fillos e fillas menores, que sofren violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta quenda de garda é un servizo público e gratuíto para as mulleres e menores aos que vai dirixido. 

Obxectivos

Prestar asistencia psicolóxica especializada de carácter inmediato ás vitimas na situación de urxencia nos diferentes escenarios ás posibles situacións de urxencia, en todos os partidos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas ás que se dirixe

-     Calquera muller e os seus fillos ou fillas vítimas de violencia de xénero.

-     Que se atope nunha situación de urxencia derivada da situación de violencia de xénero dentro do contexto dunha actuación policial.

-     Que solicite a atención voluntariamente tras ser informada deste recurso.

-     Que resida en Galicia.

Ver folleto [pdf]

Regulamento da Quenda de Garda Psicolóxica [ver pdf]

Impreso de solicitude para psicólogas e psicólogos colexiados [ ver pdf ]

Impreso de solicitude para psicólogos e psicólogas colexiadas a través da sede electrónica [accede ao enlace]