AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Guía práctica do tratamento informativo da saúde mental.

Unha de cada catro persoas experimentarán na súa vida un problema de saúde mental, sendo máis frecuentes os trastornos ansiosos e depresivos, cunha tendencia ascendente nos últimos anos. A porcentaxe de persoas que padecerán nalgún momento da súa vida un trastorno psicótico é do 1%. Os medios de comunicación xogan un papel moi notable en achegar o coñecemento sobre este eido da saúde á cidadanía. Ademais, neste proceso xogan un papel destacado á hora de axudar a desterrar estereotipos, prexuízos e discriminación contra as persoas que padecen unha enfermidade mental, converténdose en axentes de prevención contra o estigma tantas veces asociado á saúde mental.

Partindo da idea de que a enfermidade mental é unha circunstancia máis da persoa que a padece e a inmensa maioría leva unha vida normalizada, propoñemos as seguintes suxestións á hora de abordar información sobre este ámbito da saúde. 

QUE PODES FACER

Os tratamentos funcionan. Fala de persoas, anónimas ou non, capaces de levar unha vida plena e integrada #NormalizaciónDaEnfermidadeMental

Inclúe as persoas con enfermidade mental como fontes e interlocutores. Visibiliza e normaliza #RachaPrexuízos #SenEstereotipos

Coida a exactitude dos termos. Se a enfermidade mental é importante para a información emprega o diagnóstico específico #NonValeTodo

Difunde a loita polos recursos necesarios para unha atención á saúde mental de calidade, inclusiva e completa #AtenciónSanitariaDeCalidade

Coida a perspectiva de xénero para evitar a dobre discriminación das mulleres con enfermidade mental #DesigualdadeDeXénero #SaúdeMental

OLLO

Rexeita a linguaxe discriminatoria e estigmatizante que unicamente define á persoa pola súa enfermidade mental #SomosMáisQueUnhaEnfermidade

As persoas con enfermidade mental teñen a mesma probabilidade que calquera outra de cometer actos violentos #NonSimplifiques

Evita o uso inapropiado ou fóra de contexto de termos propios da saúde mental #NonFrivolices

A enfermidade mental é un rasgo máis da persoa. Non a menciones se non é relevante para o feito noticioso. #NonAoMorbo

A maioría das enfermidades mentais son invisibles. Non alimentes prexuízos con imaxes que transmitan illamento e soidade #DesfaiEstereotipos

Cartel Informa_DOR [ver pdf]

FONTES

  • Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia: 981 534 049 | 699 908 968 | comunicacion@copgalicia.gal
  • Unidade de 'Venres Clínicos' da Facultade de Psicoloxía da USC. 881.813.918
  • Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta. Estrella Romero. 881.813.769/926
  • Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES). www.consaludmental.org/
  • Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Xunta de Galicia. 981 541 806
  • Movemento Galego da Saúde Mental. 699 908 968 | 981 534 049
  • Feafes Galicia. 981 554 395, feafesgalicia@feafesgalicia.org 

OUTRAS RECOMENDACIÓNS

  • Cando sexa informativamente relevante, podes falar de “persoas con enfermidade mental  ou con problemas de saúde mental”
  • Se é necesario mencionalo, especifica o trastorno concreto. Evita calificativos ou termos que etiqueten a persoa pola súa enfermidade
  • Refírete a “centros de saúde mental”, “de rehabilitación”, en lugar de manicomios ou centros de internamento. Tamén podes falar de “ingresos hospitalarios” en lugar de “reclusión” ou “encerros”
  • O que se ve é moi importante. Non elixas imaxes manidas, estereotipos, negativas ou extravagantes. Falamos de persoas con familia, aspiracións, preocupacións, responsabilidades, etc.