AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Cadernos de Psicoloxía

A revista do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia editase desde os anos noventa, e na súa longa vida foise transformando, mudando de formato e de cabeceira. Este ano, decidimos adaptarnos as novas posibilidades tecnolóxicas, e as novas necesidades que elo posibilita, e se creou unha plataforma como revista on-line. Pensamos que pode ser unha ferramenta máis práctica para os investigadores e os colexiados/as, lectores da revista.

Nesta plataforma cadernos.copgalicia.org podedes atopar os contidos dos tres últimos números, e descargar por artigos ou a publicación completa en pdf.

Do número 34, se pode descargar en pdf e en formato epub para lectores electrónicos, aconsellamos por exemplo, Bluefire reader ou ibook.

Neste número o tema central é a memoria, podendo tamén atopar un artigo sobre o último premio Dolores Llópiz concedido ao profesor Sampedro.

Nota: Na rede de bibliotecas universitarias rebiun.absysnet.com podedes atopar arquivados números de Cadernos de Psicoloxía, os títulos dos artigos desde primeiros números.

Data Publicación:
12/2013
Edita:
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Data Publicación:
8/2017
Edita:
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia