Luis Carlos Álvarez García, Presidente
Marta Rivas Rodríguez, Secretaria
Ana Paula Martínez Figueiras, Vogal
Susana Blanco Fernández, Vogal
M. Inmaculada Casabiell Rodríguez, Vogal
José Manuel Oreiro Blanco, Coordinador coa Xunta de Goberno
A Comisión de Ética e Deontoloxía é a encargada de velar pola interpretación e a aplicación do Código Deontolóxico na práctica profesional, espallar o seu coñecemento e favorecer a formación e práctica ética.
A Comisión de Ética e Deontoloxía está formada por un/unha Presidente/a, un/unha Secretario/a e tres Vogais.
A proposta de nomeamento dos membros da Comisión de Ética e Deontoloxía faraa a Xunta de Goberno, que adoptará a decisión por maioría cualificada.
Os membros da Comisión de Ética e Deontoloxía coas expresións do cargo que ocuparán na mesma serán elixidos ou cesados pola Xunta Xeral, co voto favorable das dúas terceiras partes dos/as asistentes, a proposta da Xunta de Goberno, que a formulará así mesmo co voto favorable das dúas terceiras partes dos/as seus/súas integrantes.
Os membros da Comisión de Ética e Deontoloxía serán elixidos para un período de catro anos, renovándose a Comisión parcialmente cada dous anos da forma establecida no seguinte parágrafo:
A primeira elección producirase aos dous anos da constitución da Comisión Deontolóxica e corresponderá ao/á Secretario/a e aos/ás dous/dúas Vogais impares, correspondendo a seguinte ao/á Presidente/a e ao/á Vogal par, e así no sucesivo.
Os/As integrantes da Comisión de Ética e Deontoloxía non poderán en ningún caso volver a ser elixidos/as para a mesma función ata catro anos despois da finalización do seu cometido.
É incompatible con calquera outro cargo colexial definido no regulamento do Colexio.
As funcións da Comisión son: Velar polo cumprimento do Código Deontolóxico na práctica profesional, desenvolver o Código Deontolóxico, estimular a formación e práctica ética, constituírse en Comisión Electoral cando se convoquen eleccións a calquera órgano de goberno.
A Comisión rexirase polo seu propio regulamento e o previsto nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Adoptará osa cordos por maioría absoluta. Presentará informes anuais da súa actividade coa confidencialidade pertinente ante a Xunta Xeral. Gozará de absoluta independencia no exercicio das súas funcións. Terá plena dispoñibilidade dos medios colexiais necesarios para o cumprimento das súas funcións, así como o apoio dos servizos xurídicos do COPG.
A Comisión réxese polos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e polo Regulamento do procedemento sancionador do COPG.
Código Deontolóxico [accede ao Código]
Envía a túa queixa ante a CED a través da sede elecrónica do COPG [accede ao enlace]
Envía a tua consulta Comisión de Ética e Deontoloxía [contacta]
Envía a túa consulta á Comisión de Ética e Deontoloxía a través da sede electrónica do COPG [accede ao enlace]
Preguntas frecuentes ante a Comisión de Ética e Deontoloxía [accede ao enlace]