Informa_DOR

RECOMENDACIÓNS PROFESIONAIS SOBRE INFORMACIÓN E SUFRIMENTO HUMANO 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, entendemos como básico o compromiso ético das nosas intervencións profesionais, especialmente cando tratamos con feitos ou procesos que colocan os seus e as súas protagonistas en situación de vulnerabilidade.

A nosa colaboración quere constituír unha chamada de atención sobre as eivas que detectamos con frecuencia na elaboración de novas, especialmente nas informacións relacionadas co sufrimento humano. Son carencias que, moitas veces, non respectan o dereito á intimidade e á propia imaxe das vítimas e que, moitas outras, acaban por incrementar a súa dor.

 

INFORMA_DOR inclúe recomendacións prácticas e información de interese para a abordaxe de novas sobre violencia contra a muller, suicidio, saúde mental, menores, emerxencias e catástrofes e persoas desaparecidas. 

RECOMENDACIÓNS PROFESIONAIS SOBRE INFORMACIÓN E SUFRIMENTO HUMANO [pdf]