Sección de Psicoloxía Educativa

Membros da Xunta Directiva da Sección
María Begoña Castro Iglesiaspresidenta
Ana Belén Montesa Lou, vicepresidenta
María Teresa Lago Pérez, secretaria
Concepción López Martín, tesoureira
Iria Calleja Barcia, vogal
Carlos Agra Paz, vogal
Florentina Rivadulla Taboada, vogal

Obxectivos:
Os obxectivos prioritarios da Sección son: Potenciar o desenvolvemento científico, técnico e profesional do seu ámbito disciplinario; promover a cooperación e o intercambio de información e experiencia profesional entre os seus membros; potenciar a investigación e formación no ámbito propio organizando xornadas, cursos, etc… así como potenciar a proxección pública da profesión.

Asesorar ante as demandas dos profesionais, dos medios de comunicación e outros sectores sociais. Establecer as relacións oportunas con diferentes institucións, asociacións, …. Defender a calidade e rigor da práctica profesional dos Psicólogos e Psicólogas Educativas ante o intrusismo mediante a difusión do rol do Psicólogo e Psicóloga Educativa, as competencias profesionais e do Código Deontolóxico.

Requisitos:
Para ser membro da Sección acreditarase o desempeño profesional actual na Psicoloxía Educativa, ou ben a formación especializada na mesma a través de sistemas acreditados ou o desempeño profesional no pasado durante un período mínimo dun ano.

A solicitude de ingreso realizaraa o/a colexiado/a cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.

 
Solicitude de filiación á Sección  [ver pdf]

Solicitude de filiación á Sección a través da sede elecrónica [accede ao enlace]

Solicitude de baixa na Sección [ver pdf]

Solicitude de baixa na Sección a través da sede elecrónica [accede ao enlace]

Regulamento de Réxime Interno da Sección de Psicoloxía Educativa [ver pdf]

División de Psicoloxía Educativa [accede á información]

Contrato entre a Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a prestación de servizos de apoio psicolóxico orientado a favorecer a integración do alumnado da Universidade de Vigo no ámbito académico [accede á información]