División de Psicoloxía Educativa

A División de Psicoloxía Educativa foi creada polo Consejo General de la Psicología para unificar, a nivel nacional, o ámbito profesional de intervención que lle é propio. O obxectivo que persegue é coordinar, integrar e desenvolver as actividades científico-profesionais das persoas colexiadas especializadas na devandita área.

En síntese, o que busca é unha optimización dos recursos dispoñibles e unha mellora constante dos coñecementos e competencias profesionais, para o colexiado/a profesional da área, coa fin de ofrecer e garantir un servizo de calidade para a sociedade, potenciando, ademais, a acreditación das competencias profesionais na materia.

A División tamén desempeñará a función de asesoramento ante os diferentes órganos de Goberno do Consejo General de la Psicología, en todas aquelas cuestións relativas a ese ámbito disciplinar.

Poderá ser membro da División os colexiados e colexiadas que estean interesados e cumpran os requisitos establecidos. Para ser membro ordinario os requisitos son:

  • Estar colexiado/a.
  • Satisfacer a cota de inscrición, se a houbese.
  • Non estar incurso en sanción que leve aparellada a súa inhabilitación no Colexio.
  • Presentar a solicitude de incorporación pertinente.

Non é preceptivo, ata a consolidación do funcionamento da División, aboar ningunha cota de inscrición. O proceso de inscrición permanecerá sempre aberto.

MÁIS INFORMACIÓN