Comisión Intersectorial de Mediación

Composición da Comisión:

Ricardo Fandiño Pascual, Coordinador
Ana María Ulloa Lagerepresentante da Sección de Psicoloxía Educativa
Pilar Canosa Raña, representante da Sección de Psicoloxía da Intervención Social
Carlos Montes Piñeirorepresentante da Sección PTO
Nuria González Lois,  representante da Sección de Psicoloxía Xurídica 
Noemí Silva Álvarez, representante da Sección de Psicoloxía e Saúde
Cristina Torrado Tarrío, representante do Grupo de Tráfico e Seguridade


Obxectivos:
A Comisión Intersectorial de Mediación ten como obxectivo xeral dar a coñecer e impulsar a aplicación da mediación tanto entre os colexiados e colexiadas como nas institucións e na sociedade en xeral.

Que é a mediación?
A mediación é un método para xestionar conflitos no que as persoas implicadas acadan solucións por si mesmas. Neste proceso están acompañadas por unha persoa mediadora, encargada de facilitar a comunicaicón, promovendo as condicións e mobilizando os recursos necesarios para garantir un diálogo construtivo. Trátase dun mecanismo rápido e eficaz, baseado nos principios de voluntariedade, imparcialidade, neutralidade, confidencialidade e boa fe.

Eidos de aplicación:
- Mediación familiar.
- Mediación comunitaria.
- Mediación penal e penitenciaria.
- Mediación escolar.
- Mediación intercultural.
- Mediación civil e mercantil.
- Mediación empresarial e nas organizacións.
- Mediación interxeracional.
- Mediación sanitaria.
- Mediación administrativa.
- Mediación deportiva.
- Mediación laboral.
- Mediación en consumo.
- Mediación hipotecaria.
- Mediación concursal.

Solicitar unha mediación no eido civil
Poderá solicitar unha mediación ante o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia calquera cidadá, cidadán, empresa ou organismo con interese en resolver  discrepancias a través do diálogo e a colaboración.

O procedemento de mediación poderá iniciarse:
- De común acordo entre as partes. Neste suposto poderá incluírse a designación dun mediador ou dunha mediadora pactada polas partes, ou ben delegar no Servizo de Mediación e designación da persoa mediadora.
- Por unh das partes, en cumprimento dun pacto de sometemento a mediación existente ente elas.
- Por iniciativa dunha soa das partes. 

Requisitos para a inscrición no Rexistro de Mediación do COPG
Poderán inscribirse no Rexistro de Mediadores e Mediadoras do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia os psicólogos e psicólogas que: conten, inicialmente, coa formación específica mínima para exercer a mediación en asuntos civís e mercantís (100 horas, das que como mínimo 35 horas serán de carácter práctico), acreditada por centros de formación homologados; se comprometan a realizar un seminario práctico anual de catro horas para continuar no listado e teñan subscrito un seguro de responsabilidade civil que cubra especificamente a súa actividade no eido da mediación.

A solicitude de ingreso realizarase pola colexiada ou colexiado, cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.

Regulamento de funcionamento do Servizo de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia [accede ao enlace]

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia é Institución de Mediación do Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza [accede ao enlace]

Listado de psicólogas e psicólogos inscritos no Rexistro de Mediación do COPG [accede ao pdf]

Solicitude de inscrición no Rexistro de Mediadores e Mediadoras a través da sede elecrónica [accede ao enlace]