FOCAD

O FOCAD é unha formación a distancia elaborada polo Consejo General de la Psicología e a cal poden acceder todos os colexiados e colexiadas de maneira gratuíta.

O Consejo General de la Psicología de España ten en marcha un Programa de Formación Continuada a Distancia FOCAD en Psicoloxía coa finalidade de promover a actualización científico-profesional dos psicólogos e psicólogas colexiados e colexiadas en diferentes campos da intervención psicolóxica (Psicoloxía Clínica e da Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, Psicoloxía da Intervención Social, Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade etc.). 

O programa consiste no estudo, e avaliación dos coñecementos, de diversos materiais educativos elaborados por prestixiosos/as psicólogos/as académicos/as e profesionais. Os/as psicólogos/as que superen dita avaliación obterán o correspondente certificado de 20 horas (2 créditos).

Co obxectivo de que os/as novos/as colexiados/as poidan acceder ás anteriores edicións do FOCAD, van ofrecer progresivamente os cursos das 55 edicións realizadas ao longo destes 17 anos, revisadas e actualizadas. Se xa realizaches a primeira edición destes cursos, e deséxalo, podes realizar tamén a 2ª edición actualizada.

A continuación presentamos a QUINCUAXÉSIMA SEXTA EDICIÓN (XANEIRO-MARZO 2025), cos cursos do FOCAD que podes descargar e imprimir para o seu estudo, a través da páxina web oficial do FOCAD http://www.focad.es/, mediante clave personalizada (número de colexiado e NIF persoal), tal e como indica o espazo de axuda.  Desde o 16 de xaneiro ata o 31 de marzo de 2025 poderás contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superado, recibir a correspondente certificación.

NOVA EDICIÓN FOCAD

  • O PSICÓLOGO DE EMERXENCIAS ANTE A CONDUTA SUICIDA EN ADOLESCENTES.
  • O PODER DO LUGAR: OS ESCENARIOS DE CONDUTA E O EFECTO BARRIO.
  • SOIDADES NON DESEXADAS EN ÉPOCA DE INDIVIDUALISMO.
  • A ATENCIÓN ORIENTADA Á RECUPERACIÓN EN SAÚDE MENTAL.
  • INTERVENCIÓN PSICOSOCIAL NAS ENFERMIDADES RARAS.

FOCAD PARA DIVISIÓNS DO CONSEJO GENERAL DE LA PSICOLOGÍA.

Como membro da División podes realizar os cursos que a continuación se detallan. Podes contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superados, recibir a correspondente certificación.

FOCAD para División de Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte

  • ESTRATEXIAS DE COACHING EN PSICOLOXÍA DO DEPORTE.

FOCAD para División de Psicoloxía Xurídica

  • TRAUMA INFORMADO NO ÁMBITO DE XUSTIZA.
  • AVALIACIÓN FORENSE DO TRASTORNO POR #ESTRÉS POST TRAUMÁTICO COMPLEXO.

FOCAD para División de Psicoloxía de Intervención Social

  • O TRABALLO EN EQUIPO INTERDISCIPLINAR NA PSICOLOXÍA DA INTERVENCIÓN.

FOCAD para División de Psicoloxía Clínica e da Saúde

  • O MARCO DE PODER, AMEAZA E SIGNIFICADO. UNHA ALTERNATIVA AOS DIAGNÓSTICOS PSIQUIÁTRICOS ACTUAIS.
  • DA NEUROANATOMÍA Á NEUROPSICOLOGÍA DA MEMORIA DECLARATIVA: COMO ENTENDER E DIAGNOSTICAR AMNESIA DO LÓBULO TEMPORAL.

FOCAD para División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade

  • O ROL DO/A PROFESIONAL DA PSICOLOXÍA NA AVALIACIÓN E FORMACIÓN DE PROFESIONAIS DE SEGURIDADE PRIVADA.
  • O ROL ACTUAL DO/A PROFESIONAL DA PSICOLOXÍA NO PERMISO POR PUNTOS.
  • PSICOLOXÍA AERONÁUTICA.
  • A PSICOLOXÍA DO TRÁFICO E A SEGURIDADE NA NOVA MOVILIDAD.
  • O PROFESIONAL DA PSICOLOXÍA DO TRÁFICO E DA SEGURIDADE NO ÁMBITO DE ACTUACIÓN DUN CENTRO DE RECOÑECEMENTO. 2ª Edición actualizada.

FOCAD para División de Psicoterapia

  • MAPAS PARA A FORMULACIÓN DE CASOS.
  • VALORACIÓN DA ESQUIZOFRENIA NEGATIVA: ALGUNHAS ACHEGAS Á AVALIACIÓN E O SEU IMPACTO EMOCIONAL.
  • TERAPIA DIALÉCTICO CONDUCTUAL RADICALMENTE ABERTA. UN TRATAMENTO PARA O SOBRECONTROL.