A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Condutas disociais de menores inimputables: Como intervir máis aló do delito”, que se celebrará o día 11 de outubro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O curso ten como obxectivos presentar un modelo de compresión relacional da violencia e as condutas disociais na infancia e adolescencia, dar a coñecer unha proposta de modelo de intervención completa para atender a menores inimputables con condutas disociais, mostrar estratexias de avaliación e intervención con esta poboación e as súas familias, e a súa aplicabilidade nos diferentes contextos de actuación e fomentar a capacidade dos asistentes para valorar o risco, formular os casos e establecer programas de intervención e seguimento específico.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 1 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.