AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Ofertas de Emprego

Esta oferta de emprego publícase porque pode considerarse do seu interese. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia non ten vínculo algún coa devandita oferta, polo tanto, non se fai se responsable da veracidade da oferta de emprego nin das súas condicións. Unicamente será responsable de eliminar, o antes posible, a devandita oferta, de apreciar que non se axeita as expectativas ou que é engañosa. O COPG tamén pode decidir, seguindo os criterios preestablecidos, difundir ou non, as ofertas recibidas. Pregamos que se aprecia algún defecto na mesma o comunique para adoptar as medidas oportunas.
Posto: Psicólogo/a
Empresa: Norba Psicólogos/as
Localidade: Vigo
Nº vacantes: 1
Data oferta: 7/11/2018
Data fin: 15/12/2018
Descripción:

Funcións a realizar:

  • Avaliación e tratamento psicóloxico de adultos e menores.

Requisitos necesarios:

  • Título de Licenciatura/Grao en Psicoloxía.
  • Habilitación para o exercicio de actividades sanitarias ou Título de Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria.
  • Experiencia mínima de un ano en tratamento psicolóxico.

Outros aspectos a valorar:

  • Persoa proactiva e con capacidade de resolución de problemas.

Condicións laborais:

  • Contrato mercantil.
  • Horario de traballo: luns, mércores e venres en xornada de tarde e xoves en horario de mañá.
  • Retribución según a porcentaxe facturada.
Contacto:
As persoas interesadas en optar á oferta enviar currículum vitae ao enderezo electrónico: consulta@norbapsicologos.com