Comisión Intersectorial Feminista

Composición da Comisión:

Concepción Fernández Fernández, Vogal da Xunta de Goberno do COPG, Coordinadora da Comisión
Concepción López Martín, Representante da Sección de Educativa
María Villarino González, Representante da Sección de Psicoloxía e Saúde
Rubén Villar Trenco, Coordinador do Programa “Abramos o Círculo”
Mª Luz Losada Somoza, Coordinadora do PAPMVX
Concepción Fernández Martínez, Representante da Sección de Psicoloxía Xurídica
Carlos Montes Piñeiro, Representante da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións.
Beatriz Monroy Cardoso, Grupo de Traballo dos CIMs

Obxectivos:
Esta Comisión pretende avanzar e afondar nos cambios sociais (e profesionais) que contribúen a facer realidade o principio de igualdade entre mulleres e homes no ámbito da nosa profesión.

Nace do convencemento de que as políticas de igualdade benefician ao conxunto da población e son necesarias para avanzar cara unha sociedade máis xusta e máis igualitaria.

O obxectivo xeral é contribuír á corrección da discriminación das mulleres proponiendo unha serie de actuacións concretas que camiñen cara a igualdade real. Para conquerir este obxectivo é necesaria unha actuación conxunta desde os diferentes ámbitos da Psicoloxía ou, expresado doutro xeito, contemplar a cuestión de xénero como un eixo transversal das actuacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Para dar cumprimento ás obrigas que nos xustifican, a Comisión Intersectorial de Xénero funciona como unha estrutura con tres áreas; cada unha afonda en tarefas concretas pero compleméntanse entre si: unha área de formación e actividades, outra área de comunicación e outra de publicacións e páxina web.