Novas
O Colexio de Psicoloxía e a Confederación de Empresarios da Coruña presentan unha guía sobre teletraballo
O teletraballo irrompeu de forma abrupta na nosa realidade a consecuencia das esixencias que marca a COVID-19. Por iso, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Confederación de Empresarios da Coruña presentan un documento con "Recomendacións desde a psicoloxía para o teletraballo", co fin de proporcionar recursos tanto ás empresas como ás persoas traballadoras para que a experiencia de traballar a distancia sexa saudable e produtiva.
Encontro Institucional da Division PTORH en Galicia
A División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos (PTORH) do Consejo General de la Psicología, celebrará a súa reunión da Xunta Directiva nos próximos días 29 e 30 de novembro no COPG. Con tal motivo, tamén terá unha sesión de traballo coa Xunta Directiva da Sección PTO para tratar, entre outros, temas relacionados coa acreditación profesional Europsy, as normas sobre a xestión e avaliación de persoas nas organizacións e a axenda de proxectos para o 2019.
Nova etapa da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG
Neste mes de maio vén de constituírse a primeira Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que vén completar a estrutura orgánica desta corporación de dereito público. Deste xeito, preténdese continuar favorecendo o desenvolvemento científico profesional da psicoloxía neste ámbito, ao igual que nas demais seccións coas que conta o COPG (Psicoloxía e Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía da Intervención Social e Psicoloxía Xurídica).
A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) participa nas Xornadas Técnicas do ISSGA
A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións informa sobre a Acreditación EUROPSY
Co obxectivo de solicitar dunha forma máis sinxela o Certificado de Especialista en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións pola vía de veteranos, se levas inscrito como mínimo 2 anos na División, e a túa solicitude de incorporación como membro ordinario, foiche comunicada polo Consejo, poderás solicitalo cumprimentando os seguintes anexos e mandalos ao teu COP correspondente:
** Solicitude Europsy Especialista en Traballo atopándose en posesión do Certificado Europsy básico vixente:

