Encontro Institucional da Division PTORH en Galicia

9/11/2018

A División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos (PTORH) do Consejo General de la Psicología, celebrará a súa reunión da Xunta Directiva nos próximos días 29 e 30 de novembro no COPG. Con tal motivo, tamén terá unha sesión de traballo coa Xunta Directiva da Sección PTO para tratar, entre outros, temas relacionados coa acreditación profesional Europsy, as normas sobre a xestión e avaliación de persoas nas organizacións e a axenda de proxectos para o 2019. No marco deste encontro institucional, a Sección organizou unha sesión técnica sobre innovación tecnolóxica e rol profesional que terá lugar na Facultade de Psicoloxía da USC o sábado 1 de decembro. En breve enviarase detalle do programa deste evento.