Sesión interactiva "A psicoloxía aplicada ao traballo e ás organizacións"

luns, Febreiro 9, 2026 - 14:15 a xoves, Febreiro 12, 2026 - 14:15

O xoves, 12 de febreiro de 2026  a Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións organiza a Sesión interactiva "A psicoloxía aplicada ao traballo e ás organizacións".

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG continúa cos puntos de encontro co alumnado para coñecer e intercambiar impresións sobre os distintos ámbitos e competencias profesionais, así como os retos e obstáculos que se presentan nun escenario sociolaboral marcado por continuos cambios.

Dirixido a estudantes de Grao en Psicoloxía, Socias e Socios da Sección de PTO, membros da División PTORH e colexiados e colexiadas.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cumprimentado ao enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 11 de febreiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín