Grupo de Traballo Intersectorial de Atención Temperá

Membros da Comisión:

Mª Begoña Castro Iglesias, coordinadora.
Carlos Agra Pazrepresentante da Sección de Psicoloxía Educativa.
Yago López Pérez, representante da Sección de Psicoloxía da Intervención Social.
Antía Rodríguez Suárez.
Laura Bastos Rodríguez.
José Carlos Cardama Barrientos.
Nuria Fernández Vázquez.
Andrea Álvarez Rodríguez.
Catherine Cerqueira González.

Obxectivos:

O Grupo de Traballo Intersectorial de Atención Temperá ten como obxectivo xeral reforzar a presenza e o papel da psicoloxía, así como asegurar a calidade das accións levadas a cabo entre os 0 e 6 anos, etapa clave na protección de desenvolvemento futuro.

Os obxectivos do Grupo son:

  • Definir o perfil formativo e os requisitos mínimos de formación específica para psicólogos e psicólogas que traballen neste ámbito.
  • Fomentar modelos de contornas naturais.
  • Fortalecer a presenza do psicólogo e psicóloga nos equipos de atención dende unha perspectiva biopsicosocial.
  • Promover modelos preventivos en saúde, educación e servizos sociais.
  • Deseñar guías clínicas e protocolos de actuación psicolóxica baseados na evidencia.
  • Desenvolver indicadores estandarizados para o desenvolvemento infantil.
  • Asesor ao COPG en políticas, estratexias e medidas relacionadas coa Atención Temperá.

Funcións do psicólogo e psicóloga en Atención Temperá:

  • Prevención
  • Detección e avaliación.
  • Intervención directa.
  • Apoio a familias.
  • Traballo en equipo Intersectorial e interdisciplinar.
  • Formación e sensibilización.