Guía práctica para o tratamento informativo sobre menores.

Á hora de abordar unha información relativa a menores resulta esencial ter en conta o “superior interese do menor”, é dicir facer prevalecer os dereitos dos e das menores sobre calquera outro, incluído o do dereito á información. A relevancia do “superior interese do menor” cobra especial importancia cando as informacións poden categorizarse pola súa natureza negativa (episodios de violencia, maltrato, menosprezo, vexación, ultraxe,...). O obxectivo é protexer o menor, non só dende a inmediatez, senón a longo prazo, tratando de que os erros que puidera ter cometido ou as circunstancias en que se teña desenvolvido a vida do menor, produzan o impacto social máis leve posible na súa vida de adulto co fin de garantir, senón de xeito pleno, unha certa igualdade de oportunidades[1].

 Partindo desta consideración, na elaboración das informacións deberase atender aos seguintes dereitos dos e das menores: 

  • Dereito á propia imaxe
  • Dereito ao honor e á intimidade
  • Dereito á presunción de inocencia e dereito á defensa
  • Dereito á resocialización

QUE PODES FACER

 Informa de xeito veraz e con rigor. Unha información distorsionada pode marcar ao menor de por vida #NonÉSóUnhaNoticia

Contribúe á construír unha imaxe xusta da #infancia. Atende aos seus logros, capacidades e iniciativas #EnPositivo #NonSóFanBotellón.

 #Respecta os #sentimentos dos menores ante un suceso tráxico. Poden sentirse intimidados ante a presenza dos medios de comunicación.

 Contextualiza o conflito illado. Evita xeralizacións negativas sobre a infancia e a adolescencia #NonSóVítimasOuAgresores.

 Só o interese xeral real pode chegar a xustificar a difusión de informacións sobre menores sen consentimento #Protexe o seu anonimato.

OLLO

Coida que os datos que inclúas non permitan a identificación do menor, tampouco na súa contorna próxima #Protexe o #DereitoÁPropiaImaxe.

Redobra o celo no uso de imaxes. As fotos das súas redes sociais son súas. Sopesa o interese xeral e #Protexe a súa #Privacidade.

Evita a difusión de vídeos de pelexas e humillacións #FeitosIllados #InfanciaEnPositivo Que imaxe de si mesmos lles estamos a trasladar?

Non sinales ao menor ou á súa familia pola súa procedencia ou relixión #NonáDiscriminación

Cartel Informa_DOR [ver pdf]

FONTES

  • Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia: 981 534 049 | 699 908 968 | comunicacion@copgalicia.gal
  • Unidade de Atención Temperá (Facultade de Psicoloxía USC): 881.813.759
  • Unidade de Dificultades no Desenvolvemento e a Aprendizaxe (Facultade de Psicoloxía USC): 881.813.936
  • Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta (Facultade de Psicoloxía USC). 881.813.769 | 881.813.926
  • Unidade de Psicoloxía Forense (Facultade de Psicoloxía USC): 881.813.871
  • Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica:  981 545 622
  • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: 981 544 807
  • Dirección Xeral de Inclusión Social: 981 544 895
  • APEGA: Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogaas e Psicopedagogas e Psicopegadogos de Galicia: apega@apega.org, presidente José Manuel Suárez. 698 159 760
  • Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. TSXG, Oficina de Comunicación, comunicacion.tsxg@xunta.es: 981 182 173 | 618 382 457
  • Igaxes3, Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, Área de Comunicación: Pedro Solla, 606 147 623 | 981 561 169, comunicacion@igaxes.com

 OUTRAS RECOMENDACIÓNS:

  • Na utilización de imaxes de menores, o único límite ao dereito á información é que non se menoscabe a súa honra ou reputación e que a información non sexa contraria aos intereses dos e das menores (Sen esquecer que falamos de información veraz e de interese xeral).
  • Neste senso, o Tribunal Supremo lembra o principio de proporcionalidade: a información debe ser adecuada ao fin pretendido (ofrecer información veraz e de interese xeral), necesaria e proporcional en sentido estrito (confrontar a necesidade de informar coa vulneración ou dano que pode ocasionar ao dereito á intimidade).
  • A difusión de noticias veraces e de interese público que afecten a menores de idade e que poidan xerarlles un dano á súa reputación, intimidade ou interese, estará amparada polo ordenamento sempre que non sexan identificados (poden utilizarse sistemas de distorsión de voz ou imaxe, utilización de iniciais e excluiranse aqueles datos que directa ou indirectamente identifican o menor).
  • Desde o punto de vista legal, as seguintes normas protexen en distinta medida a figura dos menores:

[1]     Ignacio Martínez San Macario (avogado): Los derechos del menor y de información en la balanza. En La infancia vulnerable en los medios de comunicación. Informe 2016. FAPE, Aldeas Infantiles SOS e Consejo General de Abogacía Española. Madrid 2016