A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) participa nas Xornadas Técnicas do ISSGA

11/10/2017
O  Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) da Xunta de Galicia celebra as Xornadas Técnicas sobre "Traballos saudables en cada idade. Idade e diversidade: impacto na xestión de PRL", que se celebrarán nos Centros ISSGA de Lugo (Lugo, xoves 19 de outubro) e de Pontevedra (Rande, venres 20 de outubro).
 
Esta actividade está enmarcada no convenio de colaboración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG)  co ISSGA e paarticipará como relator Antonio Fuertes Saavedra membro do Grupo de traballo sobre Saúde e Benestar Ocupacional e vogal da Comisión Coordinadora da Sección de PTO. 
 
Ligazóns: información e programa