As emerxencias e catástrofes son coberturas informativas especialmente delicadas e complexas. Nestas situacións, os medios cumpren unha importantísima función social que deben asumir con responsabilidade. Deles depende a transmisión de informacion á cidadanía con rapidez e rigor. O dereito á información debe facerse compatible co dereito á intimidade das vítimas e as súas familias, cuxo sufrimento e privacidade cómpre respetar e comprender.
As autoridades deben incluír a asistencia aos medios de comunicación entre as súas prioridades na intervención en emerxencias e subministrar regularmente información contrastada. A falta de transparencia e dunha xestión adecuada das canles de comunicación cos medios, poden propiciar que se recurra a fontes pouco fiables.
É imprescindible que as empresas periodísticas contribúan a que os profesionais esten en condicións de respetar os principios deontolóxicos neste tipo de informacións e que eviten o sobredimensionamento e a espectacularización. Cómpre que reparen en que a cobertura de emerxencias e catástrofes pode tamén afectar os profesionais e que faciliten a súa formación e especialización.
QUE PODES FACER
Na información sobre #Emerxencias prioriza as fontes expertas. Verifica os testemuños e as mensaxes difundidas en redes sociais.
Pon o foco nas vidas das #Vítimas de #Emerxencias. Antes de difundires os seus datos, confirma que as familias xa foron informadas.
En #Emerxencias usa con tino as imaxes de arquivo. Contrasta e edita as gravacións de terceiros. Advirte a audiencia de imaxes sensibles.
Fai seguimento no tempo das #Emerxencias. Contextualiza os feitos e profundiza nas causas, máis alá do suceso illado.
Visibiliza os casos de #PersoasDesaparecidas. Respeta os espazos escollidos pola familia para informar. Difunde as imaxes oficiais.
OLLO
O rigor é primordial na cobertura de #Emerxencias. Non difundas información sen contrastar nin te precipites ao atribuír responsabilidades.
Rexeita a linguaxe efectista e o tremendismo cando informes sobre #Emerxencias. Prescinde de datos superfluos e morbosos.
Respeta a dor das #Vítimas e as súas familias. Non as presiones para que falen nin tomes imaxes sen consentimento. Protexe os menores.
Non uses imaxes que degraden as #Vítimas. Desbota primeiros planos de persoas feridas e en shock. Evita a reiteración de imaxes.
As #PersoasDesaparecidas están en situación vulnerable, non especules. Manexa con coidado datos persoais e imaxes, sobre todo de menores.
Cartel Informa_DOR [ver pdf]
FONTES
Gabinete de Prensa de Vicepresidencia
981 557 345 | 981 541 234 | 981 957 298
prensa.cpr@xunta.gal(link sends e-mail)
Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)
Instituto de Medicina Legal (IMELGA)
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Gabinete de prensa 112
981.541.446 | 981.541.401
http://www.112galicia.org(link is external)
Prensa Delegación do Goberno: 639 50 88 58
Policía Nacional: 981 16 63 00
Garda Civil: 981 167813 | 659 947 265 / c-cmd-coruna-opc@guardiacivil.org(link sends e-mail)
Servizo Galego de Saúde (servizos centrais)
881.54.27.21 | 881.54.29.64 | 881 542 717
prensa@sergas.es(link sends e-mail)
Urxencias Sanitarias de Galicia (061)
881546405 | 606.936.749
prensa.061@sergas.es(link sends e-mail)
Axencia Doazón Órganos e Sangue de Galicia (ADOS)
881.54.69.20 | 696.403.952
doadoressangue.ados@sergas.es(link sends e-mail)
Agrupacións de Protección Civil
http://www.anavproteccioncivil.es/agrupaciones(link is external)
Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES)
Bombeiros Públicos de Galicia: pbpgalicia@gmail.com(link sends e-mail)
Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia: mibgalicia@gmail.com(link sends e-mail)
Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (GIPCE)
981 534 049 | 699 908 968 | comunicacion@copgalicia.gal(link sends e-mail)
Asociación SOS Desaparecidos Galicia
645 07 52 93 | 606 25 22 08
sosgalicia@sosdesaparecidos.com(link sends e-mail)
Fundación por las personas desaparecidas QSD Global
info@qsdglobal.com(link sends e-mail)
OUTRAS RECOMENDACIÓNS
Decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe
Recomendacións do Consell de l´Audiovisual de Catalunya sobre o tratamento informativo das traxedias persoais
Recomendacións éticas ou deontolóxicas para o tratamento periodístico e mediático de catástrofes (FAPE)
http://www.comisiondequejas.com/wp-content/uploads/2015/09/85.pdf(link is external)
Asociación da Prensa de Madrid: decálogo de recomendacións para informar sobre traxedias na era dixital
Libro de estilo de EiTB (pautas de tratamento informativo de traxedias, catástofes e accidentes)
Informar sobre accidentes aéreos. Guía para periodistas (COPAC)
MÁIS INFORMACIÓN
Lei de Emerxencias de Galicia
Plans de emerxencia (PLATERGA e plans específicos)
http://cpapx.xunta.gal/plans-de-emerxencia(link is external)
Mapa de emerxencias de Galicia:
Manual de verificación. Guía para verificar contido dixital en emerxencias, do European Journalism Centre (EJC)
http://verificationhandbook.com/downloads/manual.de.verificacion.pdf(link is external)
Dart Center for Journalism and Trauma (Universidade de Columbia). Recursos para xornalistas que cubren noticias sobre violencia e desastres (inglés)
http://dartcenter.org(link is external)