Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento

Membros do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento:

  • Pedro Santamaría Gargamala, coordinador
  • Guadalupe Oroña Quintáns
  • Arturo José Pereiro Rozas
  • Iria Gándara Patiño
  • Gemma Aneiros Pardo
  • Romina Mouriz Corbelle
  • María Lueiro Mendoza
  • Yago López Pérez

O Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia foi creado no mes de xullo de 2015, coa súa aprobación na Asemblea de Socios e Socias da Sección. Na actualidade está formado por seis membros da Sección con ampla experiencia e formación no ámbito da psicoxerontoloxía e terceira idade.

 

Os obxectivos fundamentais do Grupo de Traballo son:

  • Defender a psicoxerontoloxía como unha especialidade do ámbito da psicoloxía da intervención social.
  • Aclarar as dúbidas que poidan xurdir no entorno á “habilitación sanitaria” na nosa especialidade, a cal non é necesaria para traballar en centros e servizos sociais de atención ás persoas maiores.
  • Crear documentación informativa para os colexiados e colexiadas na que se concreten as funcións do/a psicoxerontólogo/a en centros e servizos sociais de atención ás persoas maiores, diferenciándose así doutras especialidades psicolóxicas.
  • Establecer colaboracións con outros organismos profesionais do ámbito xerontolóxico e xeriátrico para participar conxuntamente en campañas divulgativas sobre a atención ás persoas maiores.
  • Defender a importancia da atención psicolóxica e psicosocial ás persoas maiores e, por tanto, a presenza de psicoxerontólogos/as en centros e servizos sociais a terceira idade.
  • Ofrecer aos socios e socias da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, polo menos, unha xornada anual sobre psicoxertonoloxía.