Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM's

Coordinadora: Susana Costas Durán.

No Decreto 130/2016, do 15 de setembro, establécense os requisitos e procedementos para o recoñecemento e acreditación dos Centros de Información á Muller (CIM's) de titularidade das entidades locias de Galicia.

Os CIM's configúranse como un conxunto de recursos das entidades locias, desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre homes e mulleres, e da prevención e loita contra a violencia machista.

Actualmente hai 83 CIM's en toda Galicia.

Dende o Grupo de Traballo de Psicólogas e Psicólogos dos CIMs, elaboramos un tríptico onde se recollen as funcións dende da atención psicolóxica e a atención integral especializada en temas de violencia de xénero, que podes ver a continuación no seguinte enlace: [accede ao pdf]

Podes atopar información da Rede de CIM's de Galicia [accede ao enlace]

Obxectivos

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM's está formado por dezaseis profeisonais da psicoloxía que teñen como principais obxectivos estruturais da súa reactivación os seguintes:

- Dar visibilidade proefsional e social ao traballo levado a cabo polos CIM's.
- Promover unha formación especializada para as e os profesionais dos mesmos.
- Consensuar criterios de actuación e avaliación.
- Mellorar estruturas e coordinación para unha abordaxe máis integral.
- Elaborar unha guía de documentación común para a práctica.