Sesión formativa "Directrices para a formación inicial en psicoloxía do tráfico e da seguridade"

O 7 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela a sesión formativa do Grupo de Tráfico e Seguridade "Directrices para a formación inicial en psicoloxía do tráfico e da seguridade" cunha duración de catro horas. Na primeria parte da sesión, Julita Mª Touriño Araújo, psicóloga membro do GIPCE, impartiu o relatorio "Intervención con técnicas de manexo do estrés en situación de conducción e no postaccidente". A continuación celebrouse a mesa redonda "Enfocando a intervención con vítimas de accidente de tráfico", a cal consistiu na presentación de catro casos, cada un desde un enfoque: sistémico, gestalt, EMDR e cognitivo-conductual. Participaron como relatores Concepción Rodríguez Pérez, vogal da Xunta de Goberno do COPG, Manuel Castro Bouzas, socio da Sección de Psicoloxía e Saúde, Mª Rosario Pousa Torres e Ana Cristina Eiriz Castillo, ambas psicólogas do Programa de Atención Psicoloxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero. 

Momento da sesión formativa
Momento da mesa redonda