Membros do Grupo de Traballo de EMDR
Mª Jesús Taboada Costas G-2447, coordinadora
Isabel Varela Sánchez-Caballero G-3193
Isabel Aneiros Loureiro G-3454
Mar Rodríguez Martínez G-5528
Belén Peña Pintané G-2599
Soledad Ozores Dopereiro G-2463
Rebeca Lago Moreira G-2867
Os obxectivos do Grupo de Traballo de EMDR son:
- Dar a coñecer a influencia do trauma na saúde mental a profesionais sanitarios/as.
- Proporcionar fácil acceso á información a colectivos e profesionais sobre como EMDR pode axudar á resolución do trauma e nos trastornos que xera.
- Proporcionar información veraz e contrastada pola comunidade científica en relación ás bases de EMDR.
- Sensibilizar sobre a necesidade de axuda temperá nos casos de trauma agudo.
- Favorecer a detección temperá de problemáticas derivadas do trauma a partir da colaboración con organismos que traballen con poboacións de risco.
- Colaborar, como membros integrantes na rede intercolexial de grupos de traballo de EMDR, en proxectos comúns.
- Conformar un punto de encontro entre os/as profesionais que traballan con EMDR en Galicia.