Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos

Quen somos
O Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos está formado por profesionais da Psicoloxía que desenvolven a súa actividade na rede de asistencia ás adiccións en Galicia.

Actuamos en representación do conxunto de persoas que sosteñen o papel central da psicoloxía nun modelo de atención integral, biopsicosocial e comunitario que dá respostas asistenciais eficaces ás múltiples dimensións do problema das adiccións.

Membros do Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos
María Carou López, coordinadora.
Mª Concepción Abad Alastruey
Jesús Cancelo Martínez 
Mª Carmen Guimeráns Freijeiro
Gerardo Sabio Fernández
Lourdes Suárez Fernández
María Villarino González

Creación do Grupo
A xustificación básica da existencia deste grupo é a defensa da asistenca ás adiccións no ámbito da atención pública á daúde mental e a necesidade de que a profesión da psicoloxía participe no deseño dun plan sectorial que garanta o futuro da rede de asistencia ás adiccións en Galicia. 

Obxectivos
- Dar pulo desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a quelas iniciativas dirixidas ao recoñecemento da asistencia ás adiccións como parte fundamental da asistencia á saúde mental.

- Apoiar as iniciativas  encamiñadas á integración plena dos dispositivos de tratamento no sistema público de atención á saúde mental.

- Defender o papel central da intervención psicolóxica, nun modelo asistencial integral, no tratamento das condutas adictivas.

- Deseñar e participar de todas as inciativas de formación e divulgación necesarias.

- Proporcionar asesoramento ao conxunto do corpo colexial.

- Participar de todas as accións encamiñadas á reforma estrutural da rede de tratamento das condutas adictivas.

Grabación da presentación do Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos en "Falamos. Ciclo de experiencas compartidas do Colexio Oficial de Psicoloxia de Galicia". 3 de marzo de 2022.  [ver video]