O Grupo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pon en marcha o Proxecto “Cambios na fala, cambios na mente”, co cal se pretende facer fincapé en novas formas de falar das persoas maiores. Un material a través do cal traballar e sensibilizar sobre os estereotipos perpetuados e interiorizados respecto ás persoas maiores, e que está destinado de forma preferente, a aquelas persoas que pola súa actividade profesional, traballan con persoas maiores.
O primeiro obradoiro que se vai realizar para sensibilizar e potenciar o proxecto “Cambios na fala, cambios na mente”, vaise facer de forma extensa o día 24 de febreiro en Santiago de Compostela, por unha das autoras do proxecto, e está dirixida a psicólogos e psicólogas, estudantes do derradeiro curso de psicoloxía e outros profesionais do ámbito profesional da xerontoloxía. As persoas colexiadas que soliciten o uso de dito material, comprométense a asistir o obradoiro “Cambios na fala, cambios na mente”. Tratase dunha actividade dunha duración aproximada de 1 hora.
Para levar a cabo esta actividade, as persoas que estean interesadas, desde o colexio pódese facilitar o soporte audiovisual necesario para que o desenvolvan no seu concello, asociación, lugar de traballo, etc. Nos vindeiros días publicarase un guión para desenvolver a actividade e que poderás descargar sexas ou non profesional da psicoloxía. Xunto con este, están as imaxes que axudarán a levalo a cabo. Os paneis fotográficos cos soportes axeitados, soamente o poderán solicitar ao Colexio as persoas colexiadas a través da seguinte dirección electrónica copgalicia@copgalicia.gal
Guíon Proxecto "Cambios na fala, cambios na mente" [ver pdf]