O Grupo de Traballo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o faladoiro “Saúde mental na comunidade xitana: enforque intercultural cara o empoderamento feminino e a promoción do benestar”, que se celebrará o 27 de novembro de 2025 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O faladoiro ten como obxectivos impulsar o enfoque intercultural na intervención con persoas xitanas, para facilitar a promoción da saúde mental e o empoderamento das mulleres a través de testemuños de experiencias persoais xitanas.
Podes inscribirte de maneira gratuíta enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 20 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.


 
  
  
  
 