AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Conferencia "Acreditación e boas prácticas do psicólogo e psicóloga experta en coaching"

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG celebrou o pasado día 12 de marzo de 2016 unha conferencia que abordará o tema da acreditación do psicólogo e psicóloga experta en coaching. Foi impartida por Isabel Aranda García, psicóloga experta en Coaching do COP Madrid, doutora en Psicoloxía Organizacional e especialista EuroPsy en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións.

Esta iniciativa do Grupo interno de traballo "Psicoloxía e Coaching" servirá como espazo de reflexión sobre o proceso de acreditación que actualmente está abordando o grupo e outra oportunidade para intercambiar impresións sobre as boas prácticas nas actuacións profesionais.

Asistentes a conferencia
Asistentes a conferencia
Momento da conferencia
Momento da conferencia