O 18 de outubro celebrouse na sede colexial unha xornada técnica sobre "O erro humano nas organizacións", coordinada por Carlos Montes Piñeiro, vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.
Interviñeron Araceli Iglesias Isla, psicóloga e ergónoma e directora de Hércules Prevención, que disertou sobre os fallos na organización; e Rocío Seoane Farré, presidenta da Asociación de Ergonomía Galega, que expuxo ás persoas asistentes os referentes da ergonomía ao servizo das persoas no campo da prevención dos riscos laborais.