Obradoiro para profesionais da psicoloxía habilitados para a realización de probas de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Obradoiro para profesionais da psicoloxía habilitados para a realización de probas de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais, que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o día 11 de novembro de 2016.

Os obxectivos deste obradoiro foron: abordar a avaliación psicotécnica tendo en conta os principios éticos e as directrices de control de calidade e a súa aplicación nos procesos de avaliación psicolóxica de mergulladores profesionais, realizar un estudo sobre as técnicas e protocolos en avaliación psicolóxica a mergulladores en base á información de avaliación de psicólogos/as acreditados/as no ano 2000, establecer metodoloxía e protocolos nos procesos de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais e aproveitar a experiencia profesional facilitada por psicólogos acreditados e sacar conclusións.

O obradoiro foi impartido por:

Mª Emilia Alonso Pérez, psicóloga colexiada e profesional da área dos recursos humanos, con amplía experiencia na selección de persoal e consultoría. Directora de proxectos de selección en EGA Consultores. 

Mª Concepción Prado Álvarez. Psicóloga con actividade profesional en selección de persoal, formación e orientación profesional. Vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). Responsable de emprego e do fondo bibliográfico e psicométrico do COPG. Psicóloga colexiada inscrita no rexistro de psicólogos/as especialistas na avaliación de mergulladores profesionais co nº 18. 

Olegaria Mosquera Bueno. Psicóloga colexiada inscrita no rexistro de psicólogos/as especialistas na avaliación de mergulladores co nº 15. Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). Orientadora no IES Santa Irene de Vigo. Impartiu diversos cursos de avaliación e elaboración de informes.

Relatoras do obradoiro
Momento do obradoiro
Momento do obradoiro
Momento do obradoiro