Obradoiro "Orientación profesional con perspectiva de xénero"

O pasado 20 de outubro, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, tivo lugar o Obradoiro “Orientación profesional con perspectiva de xénero”. A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, organizadora da actividade, invitou ás persoas colexiadas interesadas a reflexionar sobre os motivos polos cales á orientación profesional, se lle debe aplicar unha perspectiva de xénero que reduza os efectos da desigualdade que sofren as mulleres. 

Momento do obradoiro
Momento do obradoiro
Momento do obradoiro