Sesión sobre espazos de intervención no contexto laboral e organizacional

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, celebrou o pasado 8 de outubro unha sesión sobre espazos de intervención no contexto laboral e organizacional. Os relatores e relatoras abordaron retos e liñas de traballo en áreas vinculadas á xestión e políticas de Recursos Humanos. 

Foi unha oportunidade para coñecer as achegas da psicoloxía para intervir na promoción da saúde no traballo, perfilar actuacións desde a consultoría,  para o desenvolvemento das persoas e analizar a influencia das novas tecnoloxías na actividade profesional.

Momento da sesión
Momento da sesión
Relatores
Asistentes á sesión
Asistentes á sesión