Unha das principais preocupacións das persoas afectadas por unha situación de emerxencia é a abordaxe do acontecido cos menores, especialmente como se lles debe comunicar unha mala noticia e como actuar ante as suas manifestacións emocionais.
Galería
Coñecer as características relixiosas e culturais das persoas coas que nos atopamos durante as intervencións psicolóxicas é moi importante, tanto no momento da emerxencia como na atención posterior.
O 11 de marzo do 2023 celebrouse a Reunión Interna do GIPCE a través da plataforma Zoom. Nesta reunión informouse aos asistentes do traballo realizado dende o grupo durante os anos 2021 e 2022, así coma dos obxectivos establecidos para este 2023.
As Xefas de Garda son unha peza clave na xestión das emerxencias que chegan ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. O actual grupo de gardas está composto por 16 psicólogas do grupo de intervención GI-112 cunha longa traxectoria de formación específica e experiencia.
O pasado 23 de decembro, o Grupo de Intervención Psicolóxica de Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia impartiu unha sesión formativa sobre o traballo que se realiza nas emerxencias para os alumnos e alumnas do Máster Universitario de Psicoloxía, especialidade Intervención Social e Comunitaria, da Universidade de Santiago de Compostela.
O 12 de novembro o Grupo de Apoio a Intervinientes (GAI) do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) impartiu unha xornada sobre ferramentas alineadas cos valores de intervención do GIPCE que resultan de utilidade para o desempeño da nosa labor coma profesionais das emerxencias.
Nos 25 anos de historia do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia realizáronse máis de 40 intervencións en centros educativos, por iso quixemos compartir a nosa experiencia participando nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa "Psicoloxía Educativa, sempre emocionando" que se celebraron na Facultade de Psicoloxía
O 24 de setembro realizouse unha formación sobre conduta suicida en curso coa experta en Psicoloxía de emerxencias Teresa Pacheco Tabuenca. Durante este curso poidemos coñecer as últimas estadísticas sobre o suicidio, os factores de risco, as características da conduta suicida, os factores protectores e, por suposto, as pautas de actuación ante estas situacións de emerxencia.
Dende o 30 de marzo o GIPCE está participando no dispositivo de atención sanitaria á poboación refuxiada procedente de Ucraína que se está levando a cabo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Durante os meses de marzo e abril de 2022 impartíronse na Acaddemia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada tres edicións do Curso «Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias», dirixidos a voluntarios de Protección Civil e bombeiros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »