Reunión estatal da área de intervención psicolóxica en emerxencias e catástrofes

O pasado 18 de novembro tivo lugar a Reunión estatal das persoas coordinadoras dos Grupos de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes dos Colexios Oficiais de Psicoloxía de España. Nesta ocasión, a xuntanza realizouse no Palacio Ferial e de Congresos de Tarragona, no marco da VI Convención da Psicoloxía organizada desde o Consejo General de la Psicología.

Representando ao GIPCE do COPG asistiu a coordinadora Ana Mª Núñez Rubines.

Durante esta xuntanza expúxose o estado da Psicoloxía de Emerxencias en Europa, a situación dos diferentes grupos en España e as liñas de traballo dos vindeiros meses. Ademais, aproveitouse para presentar a Guía de Recomendacións de Boas Prácticas en Intervención Psicolóxica en Emerxencias en formato papel, que pasará a converterse nun novo material de intervención nas mochilas dos intervenientes GIPCE.