O conflito bélico de Ucraína está provocando o desprazamento da súa poboación cara o noso país en busca de condicións de seguridade. Ante esta situación os e as profesionais de saúde mental precisamos ter habilidades e recursos que nos permitan previr, protexer, promover e restablecer a saúde mental das persoas desprazadas co fin de restaurar o seu benestar psicosocial.
Galería
O sábado 5 de febreiro de 2022, celebrouse a xuntanza anual das xefas de garda do GIPCE, que grazas ao seu traballo garanten a atención das emerxencias as 24 horas do día durante os 365 días do ano.
O 21 de xaneiro levouse a cabo un simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Peinador, Vigo, donde participaron varias persoas membro do GIPCE.
O 16 de novembro catro gipces participaron no simulacro realizado na Academia Galega de Seguridade Publica (AGASP) contemplado dentro do curso "Intervención en incidentes con múltiples vítimas".
Tres integrantes do GIPCE participaron o día 18 de novembro no simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) da empresa CEPSA-MASIDE.
Tres integrantes do GIPCE participaron o 5 de novembro, nun simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Alvedro.
Os días 20, 21, 27 e 28 de setembro de 2019 o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso de comunicación de malas novas en emerxencias e catástrofes e proceso do dó. Esta actividade estivo dirixida a psicólogos e psicólogas colexiadas e estudantes de último curso de Grado de Psicoloxía.
Os días 4 e 5 de outubro celebrouse a segunda parte do Curso de Regulación emocional e terapia centrada na compaixón impartido por Gonzalo Britona Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Os días 29 e 30 de marzo, e 5 e 6 de abril, celebrouse na Facultade de Psicoloxía da USC, o curso "Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias", organizado polo GIPCE.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »