Reunión Estatal da Área Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes

O 20 de maio celebrouse en Madrid, na sede do Consejo General de la Psicología de España,  a reunión dos coordinadores e coordinadoras dos Grupos de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias dos Colexio Oficiais de Psicoloxía de España. Asistiron un total de 22 coordinadores/as. Representando ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG asistiu a súa coordinadora, Ana Mª Núñez Rubines.

Durante esta reunión fíxose unha  exposición da situación actual da Psicoloxía de Emerxencias en Europa, do traballo realizado por cada un dos grupos na súa comunidade autónoma, revisáronse as tarefas realizadas polos grupos de traballo creados a nivel estatal e houbo novas propostas de traballo para os vindeiros meses.

Reunión Estatal da Área Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes