Visita de membros do GIPCE ao 112 Galicia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) dispón dos recursos persoais, materiais e técnicos para ofrecer aos e ás cidadáns unha resposta integrada, rápida, eficar, coordinada e sen duplicidades..

O 8 de xuño, doce integrantes do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asistiron a unha visita guiada polas instalacións do CIAE-112 en A Estrada  para coñecer en persoa este servizo de emerxencias. Ademais de coñecer as salas, os principais profesionais que traballan alí, os protocolos e as casuísticas, visitaron o angar do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) no que se atopa unha ampla flota de vehículos dotados cos últimos avances tecnolóxicos para facer fronte a calquera emerxencia que xurda.

Unha xornada na que os GIPCEs asistentes adquiriron novos coñecementos sobre como se xestionan as emerxencias desde que se recibe a primeira chamada e resolveron todas as dúbidas que tiñan.

Visita de membros do GIPCE ao 112 Galicia (foto cedida polo 112 Galicia)