Unha das principais preocupacións das persoas afectadas por unha situación de emerxencia é a abordaxe do acontecido cos menores, especialmente como se lles debe comunicar unha mala noticia e como actuar ante as suas manifestacións emocionais.
Durante este curso celebrado o 11 de marzo de 2023 a psicóloga emerxencista Mercedes Jiménez-Carlés González-Barba ofreceunos unha visión teórico-práctica dos aspectos máis importantes que debemos ter en conta antes, durante e despois dunha intervención con menores; revisou os mitos sobre o dó infantil e a concepción da morte nas diferentes idades; e compartiu ferramentas útiles para a abordaxe das intervencións en crise con menores.