Xuntanza das Xefas de Garda do GIPCE

As Xefas de Garda son unha peza clave na xestión das emerxencias que chegan ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. O actual grupo de gardas está composto por 16 psicólogas do grupo de intervención GI-112 cunha longa traxectoria de formación específica e experiencia. Grazas a elas temos garantizada a atención psicolóxica demandada desde o 112 as 24 horas do día dos 365 días do ano.

O 28 de xaneiro celebrouse en Santiago de Compostela a  xuntanza anual de Xefas de Garda, na que se informou dos cambios no grupo GI-112, expuxéronse as dificultades atopadas nas intervencións do 2022 e se entregaron os novos materiais para levar a cabo o seu traballo.

 

Grupo de Xefas de Garda do GIPCE
Grupo de Xefas de Garda do GIPCE
Grupo de Xefas de Garda do GIPCE