Desde o Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) do GIPCE impartiuse a formación "A importancia do silencio nas intervencións" en formato webinar para psicólogos e psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Colexio Oficial de Psicoloxía das Illas Baleares.
Lorena Nieto Iglesias e Carmen González Hermo levaron a cabo esta actividade formativa de 4 horas de duración o 15 de novembro do 2024 cos obxectivos de facilitar o traballo grupal sobre os valores do grupo de intervención que definen e amparan a intervención dos profesionais da Psicoloxía de Emerxencias e propoñer unha perspectiva integradora do manexo do silencio nas intervencións.
Os máis de 20 asistentes á webinar aprenderon a integrar o silencio como unha ferramenta de intervención: saber estar, saber acompañar e saber soster durante todas as fases da emerxencia.